ajax loading

Subiendo archivo al servidor...

ajax loading
0%
Cancelar

Noticias de Octubre de 2016

Sons e sabores 2016: horarios das diferentes actuacións
Sons e sabores 2016: horarios das diferentes actuacións

EDITADO [14 de outubro, ás 20:00 horas]

Por mór do mal tempo, vémonos na obriga de suspender a parte musical desta noite, salvo a batucada. Mantemos, por suposto, a parte gastronómica, así que vémonos nos bares!!!

Leer más
Sons e sabores de Ultramar 2016
Sons e sabores de Ultramar 2016

Xa está aquí a II edición do Sons e sabores de Ultramar!!

 

A próxima fin de semana, o venres 14 pola noite e o sábado 15, o noso barrio renderá homenaxe ás músicas e ás gastronomías que lle dan nome, a todo ese inmensa riqueza que posúen os países irmáns de  Ultramar. Neste mapa poderás localizar todos os puntos nos que haberá actuacións musicais e os establecementos participantes. 

 

O venres día 14 a música será a grande protagonista e encheremos as rúas de actuacións que nos traerán o mellor de América Latina: a elegancia do tango, a ledicia dos sons cubanos, o intimismo da música de autor e outros ritmos que xa vos iremos desvelando. Na nosa páxina de Facebook iremos informado dos lugares e horarios de cada unha das actuacións.

 

E ao mesmo tempo, tanto o vernes 14 como o sábado 15, os establecementos de hostalería asociados serán os encargados de facernos desfrutar, a un prezo de 2 euros a tapa, cos sabores típicos de:

 

- México, Mesón O Pazo.

- Brasil, Puro Gusto.

- Arxentina, La Hamburguesería de Ultramar.

- Colombia, Cervecería Las Gaunas.

- Uruguai, Taberna O Trisquel

- Ecuador, Restaurante Nuevo Pisani.

- Cuba, Mesón Mateo.

- Venezuela, Mesón A Canfurnada.

- Chile, Mesón Alfonso.

- Paraguai, Cafetería La 2.

- Puerto Rico, Aloha Surf & Food.

 

Tamén no noso Facebook iremos presentándovos as tapas que presentará cada establecemento. Xa sabedes, este venres, non vos podedes perder á cita gastronómico-musical do ano en Ferrol!! Esperámosvos!!

Leer más