ajax loading

Subiendo archivo al servidor...

ajax loading
0%
Cancelar

Noticias de Noviembre de 2016

Xa está aquí o Frautista de Ultramar de Outono!
Xa está aquí o Frautista de Ultramar de Outono!

Este venres día 25, coincidindo coa celebración do Black Friday no noso barrio, volve o Frautista de Ultramar cun programa cheo de actividades para nenos/as de diferentes idades: obradoiros, contacontos, teatro nun minuto...

 

Como hai que facer para inscribirse? Moi sinxelo: tan só hai que poñer un comentario debaixo da publicación do noso Facebook na que che interese inscribir ao/á neno/a . Cada persoa só pode inscribir a un/unha único/a neno/a e só é posible inscribirse nunha única actividade para este venres. As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.

 

Atentos/as porque este día haberá ata catro actividades durante toda a tarde, así que o teu peque terá que elixir ben a que máis lle gusta!! Iremos abrindo o prazo de inscrición para cada unha delas en publicacións separadas.

 

- Sesión de contacontos no Gimnasio Bitácora, de 17:30 a 18:00 horas para nenos/as de 4 a 6 anos.

- Obradoiro de creación de galletas de Nadal en Cafetería Pastelería Valencia, de 18:00 a 20:00 horas para nenos a partir de 7 anos.

- Sesión de teatro nun minuto en Nattex Ferrol, de 19:00 a 20:00 horas para nenos/as de 7 a 10 anos.

- Obradoiro de elaboración de adornos de Nadal en Librería Ultramar, de 18:00 a 20:00 horas para nenos/as a partir de 5 anos.

Leer más