ajax loading

Subiendo archivo al servidor...

ajax loading
0%
Cancelar

Noticias de Abril de 2016

Federópticos Begoña Lorenzo gaña o I Concurso Escaparate Ultramar
Federópticos Begoña Lorenzo gaña o I Concurso Escaparate Ultramar

Xa temos aos gañadores do I Concurso "Escaparate Ultramar"!!

 

Na categoría do xurado, houbo unha moi axustada pugna polo primeiro posto entre catro dos establecementos participantes. Finalmente, e por moi escaso marxe, o primeiro lugar foi para Federópticos Begoña Lorenzo. O segundo lugar foi ocupado por Nattex Ferrol e completou o podio AK Anukas Beleza e Sol. Moi preto, pero xa fóra dos tres primeiros postos, quedou Lía Complementos.

 

Na categoría do público, as votacións por Facebook deixaron un claro gañador: AK Anukas Beleza e Sol, que acaparou o 39% dos votos. Queremos dar as grazas ás preto de 300 persoas que coa súa participación na nosa páxina fixeron posible este concurso. Ao longo desta semana realizaremos o sorteo dos vales de compra por valor de 240 euros.

 

Nesta primeira edición participaron un total de nove establecementos, aos que queremos agradecer a súa participación, así como ao Concello de Ferrol pola súa colaboración.

- AK Anukas Beleza e Sol

- Algodón Azul

- Cassa Interiorismo Decoración

- Federópticos Begoña Lorenzo

- Lía Complementos

- Librería Ultramar

- Loureda Joven

- Nattex Ferrol

- Uxa Moda

 

E o ano próximo, máis!!

Leer más
Obradoiro creativo "Deseña a túa propia camiseta!"
Obradoiro creativo "Deseña a túa propia camiseta!"

Queres deseñar a túa propia camiseta connosco? Pois este venres día 8 poderás facelo no obradoiro creativo "Deseña a túa propia camiseta!" que nos trae o Frautista de Ultramar e que impartirá Deby-riv. Estará dirixida a nenos e nenas a partir de 4 anos e terá lugar no Puro Gusto de 18:00 a 20:00 horas.

 

É imprescindible inscrición previa (totalmente gratuíta: os nenos/as tan só terán que traer a camiseta que personalizarán), que se pode facer por mensaxe privada ao noso Facebook ou por email a frautista@ultramarvillage.com. Só se poderá facer unha inscrición por adulto.

 

En caso de que se superen as prazas dispoñibles, procederemos a facer un sorteo o xoves ás 18:00 horas. Para inscribirse, é necesario proporcionar os seguintes datos:

- Nome e idade do neno/a.

- Nome da persoa responsable que o pasará a recoller.

- Teléfono móbil de contacto.

 

Nesta iniciativa colabora o Concello de Ferrol.

 

Foto: exemplos de camisetas creativas elaboradas nos obradoiros de Deby-riv.

Leer más
Arranca o I Concurso "Escaparate Ultramar"
Arranca o I Concurso "Escaparate Ultramar"

Hoxe luns día 4 de abril arranca o I Concurso de Escaparatismo "Escaparate Ultramar" que terá lugar ao longo do mes de abril coa participación dunha decena de establecementos asociados a Ultramar Village, os cales poderás consultar neste mapa.

 

O Concurso terá un premio do xurado, que deberá valorar cada escaparate en función de tres criterios: espectacularidade (que resulte atractivo, impactante), composición (que teña unhas axeitadas estrutura, iluminación e combinación de cores) e orixinalidade (que resulte innovador, orixinal, diferente).

 

Haberá tamén un premio do público, para o cal levarase a cabo unha votación a través da nosa páxina de Facebook a partir do luns 11 de abril e ata o día 23 na que a xente deberá escoller o seu escaparate favorito. Entre todas aquelas persoas que participen nas votacións sortearemos vales de compra por valor de 240 euros, a trocar nos establecementos participantes nesta iniciativa.

 

A mellor forma de ver os escaparates, por suposto, é achegarse ao noso barrio e pasear polas súas rúas!! Pero por se non podes vir ti a eles, eles virán a ti a través das fotografías que iremos subindo ao noso Facebook a partir deste xoves.

Leer más