ajax loading

Subiendo archivo al servidor...

ajax loading
0%
Cancelar

Noticias de Agosto de 2016

Comeza o IV Concurso gastronómico
Comeza o IV Concurso gastronómico

Este próximo venres día 26, pola noite, dará comezo a cuarta edición do Concurso gastronómico “TapAtí” que se prolongará durante todo o sábado 27 e o domingo 28 ata o mediodía. Un ano máis, Ultramar homenaxeará ao mexillón con diferentes elaboracións, pois ata un total de 12 locais participan coas súas tapas que xiran en torno a este ingrediente estrela da cociña galega. Aquí tes o mapa para poder planificar o teu percorrido polo barrio.

 

Cada tapa terá un prezo de 2 euros e, co fin de promover a degustación de varias, procederase a sortear unha fin de semana nun aloxamento de turismo rural entre todas aquelas persoas que consigan 5 selos nas tarxetas de participación que se repartirán en cada local participante.

 

Un xurado composto por tres membros recorrerá os diferentes establecementos para valorar as tapas en función de catro criterios: sabor, presentación (imaxe visual), orixinalidade (creatividade, carácter innovador) e complexidade no proceso de creación.

 

Desde o mércores pola tarde e ata o venres poderás consultar o noso Facebook para ver cales son as tapas que ofrecerá cada establecemento. Xa sabes, esta fin de semana ven saborear un dos produtos estrela da gastronomía galega a Ultramar!!

 

Listado de establecementos participantes:

  • Mesón A Canfurnada
  • Restaurante Nuevo Pisani
  • Café La 2
  • El Saco
  • La Hamburguesería de Ultramar
  • Mesón Alfonso
  • Mesón Mateo
  • Mesón Nova Rúa
  • Mesón O Pazo
  • Valencia
  • Puro Gusto
  • Taberna O Trisquel
Leer más