ajax loading

Subiendo archivo al servidor...

ajax loading
0%
Cancelar

Noticias de Agosto de 2017

Mercadiño Fin de Temporada & Solidario
Mercadiño Fin de Temporada & Solidario

O vindeiro venres 8 de setembro, a partir das 18:00 horas, celebraremos na Praza de Ultramar o I Mercadiño Fin de Temporada & Solidario. Haberá postos con produtos de fin de temporada, adiantos da nova a prezos especiais e algunha que outra demostración sorpresa que iremos adiantando no noso Facebook. A día de hoxe está confirmada a participación de La Coquetería, Mi Cielo, UXA, Nattex Ferrol, Cucú Hazlo Tú, Bellezia, Mis Talismanes e IDAVCARE Bitácora.

 

Ademais, poderá verse a exposición fotográfica "Nunca restamos, siempre sumamos. Todos somos migrantes", montada pola Asociación de Movilidad Humana, sendo posible apadriñar fotos con fines benéficos. 

 

Ao mesmo tempo, haberá unha recollida solidaria de produtos de hixiene e aseo personal para mulleres a cargo do Patronato Concepción Arenal, organización ferrolá que traballa con mulleres en risco de exclusión social. 

 

A animación infantil virá da man de persoal voluntario da Asociación de Movilidad Humana e Lucus Neda. Os máis peques desfrutarán da "I Xornada Intercultural do Xogo", unha especie de gymkhana na que aprenderán cousas de diferentes países do mundo ao tempo que xogan. Haberá tamen obradoiros de pintacaras e globoflexia.

 

Ás 20:30 horas viaxaremos a Oriente con "Arabesque Amateur Group", que farán unha exhibición de danza do ventre. Ao seu remate, dará comezo a animación musical DJ a cargo de Discotecas Movilens.

 

Apúntate aquí ao evento e permanece actualizada/o!! Vémonos o venres, non faltedes!

 

Coa colaboración do Concello de Ferrol

Leer más
V Tapati
V Tapati

Os días venres 25 (pola noite), sábado 26 e domingo 27 (ata o mediodía) de agosto o mexillón será o protagonista gastronómico en Ultramar un ano máis, e con esta xa chegamos á quinta edición do Concurso gastronómico TapAtí.


Podes degustar a túa tapa a un prezo de 2,5 euros en calquera dos establecementos participantes. Neste enlace poderás deseñas a túa propia ruta e non perder ningunha das tapas que te interesan. Só terás que pinchar enriba do establecemento en cuestión para ver o nome da súa tapa e unha foto (se está dispoñible).

 

E se selas 5 tarxetas de participación entrarás no sorteo dunha fin de semana nun establecemento de turismo rural de Galicia (cortesía de Viajes Galitur).

 

A continuación podes consultar os establecementos participantes e as súas tapas:

- Aloha Surf & Food: "Ceviche de mejillones y gambas con espuma de mar".

- Casa Juan

- Cervecería El CID: "Mejillón al picasal".

- Cervecería Las Gaunas: "Tigres picantes".

- d-pintxos: "Panna cota de mejillón con coulis de algas".

- La Hamburguesería de Ultramar: "Pinchiños de terra e mar".

- La Sastrería: "Mejillones a la vinagreta de frambuesa".

- Mesón A Canfurnada: "Mykonos:  minicono de alga nori relleno de mousse de mejillón" 

- Mesón Alfonso: "Sabores cítricos".

- Mesón O Pazo:

- Penda's 130: "Mejillones con fabes y verduras encurtidas"

- Puro Gusto: "Turrón de mejillón".

- Taberna O Trisquel: "Fideuá ártabra".

- Vintage Café: "Tosta de rulo de cabra con mejillones en escabeche y aceite de albahaca".

Leer más