ajax loading

Subiendo archivo al servidor...

ajax loading
0%
Cancelar

Mercadiño Fin de Temporada & Solidario

Mercadiño Fin de Temporada & Solidario
Fecha de publicación: 30/08/2017

O vindeiro venres 8 de setembro, a partir das 18:00 horas, celebraremos na Praza de Ultramar o I Mercadiño Fin de Temporada & Solidario. Haberá postos con produtos de fin de temporada, adiantos da nova a prezos especiais e algunha que outra demostración sorpresa que iremos adiantando no noso Facebook. A día de hoxe está confirmada a participación de La Coquetería, Mi Cielo, UXA, Nattex Ferrol, Cucú Hazlo Tú, Bellezia, Mis Talismanes e IDAVCARE Bitácora.

 

Ademais, poderá verse a exposición fotográfica "Nunca restamos, siempre sumamos. Todos somos migrantes", montada pola Asociación de Movilidad Humana, sendo posible apadriñar fotos con fines benéficos. 

 

Ao mesmo tempo, haberá unha recollida solidaria de produtos de hixiene e aseo personal para mulleres a cargo do Patronato Concepción Arenal, organización ferrolá que traballa con mulleres en risco de exclusión social. 

 

A animación infantil virá da man de persoal voluntario da Asociación de Movilidad Humana e Lucus Neda. Os máis peques desfrutarán da "I Xornada Intercultural do Xogo", unha especie de gymkhana na que aprenderán cousas de diferentes países do mundo ao tempo que xogan. Haberá tamen obradoiros de pintacaras e globoflexia.

 

Ás 20:30 horas viaxaremos a Oriente con "Arabesque Amateur Group", que farán unha exhibición de danza do ventre. Ao seu remate, dará comezo a animación musical DJ a cargo de Discotecas Movilens.

 

Apúntate aquí ao evento e permanece actualizada/o!! Vémonos o venres, non faltedes!

 

Coa colaboración do Concello de Ferrol